🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Pippi Mediaslongas Nos Mares Do Sur

2019 112 p. GLG
ISBN: 9788484644880 KALANDRAKA Sete Leguas Especiais
16,37 € 16,37 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventuraabraiante calquera cousa que faga. Nesta ocasión, canda os seusinseparables Tommy e Annika, Pippi viaxará co seu pai, Efraim Mediaslongas, á illa de Korakora, onde o capitán é un poderoso rei. «Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur» publicouse orixinalmente en 1948 como colofón da triloxía formada por «Pippi Mediaslongas»(1945) e «Pippi Mediaslongas embarca» (1946). A recuperación desteclásico, coas ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman, permite seguir gozando das extravagancias desta figura icónica da literatura contemporánea: rebelde, transgresora e desclasada, simpática, independente e extrovertida, Pippi rompe estereotipos e actúa de forma contestataria fronte aos maiores. Moitos adultos -ben no ámbito da literatura, ben da educación- escandalizáronse polos xestos e comentarios do personaxe e tildárono de mal exemplo para a infancia. Sen embargo, o éxito da obra literaria foi imparable, dando lugar a unha serie na televisión sueca e varias películas.