Ir al contenido

Nunha viaxe polo vasto océano da memoria, Cris Pavón percorrediferentes camiños para rescatar aquelas lembranzas esquecidas quedeixaron unha grande pegada nas súas personaxes. Nos cinco relatos que conforman ? A busca da orixe perdida das especies? a autorareflexiona sobre un tempo agochado no fondo da consciencia. Se en? Sara e os años? e en ? culler, culler, culler? remón- tase á infanciacos desacougos de frustrantes experiencias vividas no seo familiar, en ? Máquina de Proust? acada un tempo futuro no que os adiantostecnolóxicos conseguen facilitar os máis arelados recordos ao xeitodunha memoria involuntaria. ? O pomo da porta do paraíso era unhacastaña? reflicte o medo á perda da inocencia e un primeiro desenganoque vai perdurar ao longo da existencia. E como maduro corolario queda nome a obra, en ? A busca da orixe perdida das especies? xoga aestablecer paralelismos entre a vida e pensamento do naturalista Charles Darwin e os do escritor Marcel Proust, ambos os dousfornecedores de claridade sobre a nosa condición humana, na que tempoe memoria xogan un papel crucial. Deixémonos mergullar nestesrelatos onde a memoria, por fin, atopa o que buscaba.