Bibliotecarias e Bibliotecarios Infames
ISBN: 9788484872924
Vas ler algo que fai abanear o mobiliario histórico. Vas recibir unhainformación perturbadora, un deses estrelampos que se abre paso entreas lamias da persiana da ocultación, perpetrada ás veces coa hipócrita desculpa da \"operación Olvido\". Vas entrar en Bibliotecarias ebibliotecarios \"infames\", vas saír da autoestrada do relatohistórico convencional, vas ir a pé, a valmontes, pola banda inhóspita da historia, e vas sentir que a intrahistoria, como o rumor dun bater de alas nun bosque queimado, vén por ti. Cada vez que entres nunhabiblioteca ou nun arquivo, ou cada vez que escoites \"depuración\" ou\"extirpación\", vaste lembrar de Bibliotecarias e bibliotecarios\"infames\", de como o compromiso polo espallamento do saber seconverteu nunha proba de cargo e nunha mancha ominosa, de comopalabras de uso hixiénico ou sanitario poden ser envelenadas poloarsénico do odio e metamorfosearse en sinistros eufemismos. Este é un libro de historia, si. Ben feito. Impecábel. Mais tamén un libroque fai historia: un acto de verdade, xustiza e reparación. Bibliotecarias e bibliotecarios \"infames\" semella escrito coaperseveranza luminosa do guizo, ese pau resistente onde a lingua delume faise lapis, nun movemento ben sutil. Manuel Rivas