Conflito Ling?ístico e Ideoloxía Na Galiza
ISBN: 9788484873020 LAIOVENTO (IBD) ENSAIO
CONFLITO LING? ÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA A situación do galegocomo síntoma. Os leitores e leitoras teñen na man un librofundamental na historia moderna do galego e unha peza clave nasociolingüística do noso país. A publicación en 1976 de Conflitolingüístico e ideoloxia na Galiza supuxo un fito na análise, interpretación e diagnóstico dos problemas do galego en conexióncos problemas de estirpe económica, social e política que a nosanación padece. Ao tempo, facía a deseción das principaisideoloxías que se proxectaban sobre o idioma e das expectativas que delas se desprendían. Laiovento publicou a terceira edición destelibro en 1991, e a cuarta, corrixida e enriquecida con novostextos, en 1998. Agora aparece esta quinta edición, primeiradixital, notoriamente aumentada con análises sobre a políticalingüística oficial, a mobilización popular contra ela, a conciencia social sobre o idioma e o seu estado como síntoma, noque vai de século XXI. Desta forma, a través deste libro o lectorpode decatarse de como evolucionou a situación lingüística na Galiza desde a década dos setenta do século XX até hoxe, practicamente 50 anos, tirando as conclusións oportunas sobre asmudanzas cuantitativas e cualitativas que se produciron. Estelibro, nesta quinta edición, primeira dixital, amplía a súautilidade, a súa validade, a unha cuestión clave na vida dunhalingua oprimida como o galego: proporciona o modelo teórico e aspautas de comportamento lingüístico precisos non só paracomprendermos o conflito lingüístico que vive este país, senón para remontalo a executar unha prática normalizadora merecente de talnome, isto é, que poña como obxectivo central da preocupación pologalego a súa restauración social, através da plenitude de usos efuncións. No panorama bibliográfico galego -tan necesitado depáxinas esclarecedoras a respeito do idioma-, este libro de FRANCISCO RODRÍGUEZ (cuxas publicacións sobre Rosalía de Castro, Curros, Castelao... e outros moitos aspectos da lingua e daliteratura galega reorientaron de maneira decisiva o coñecimento ea interpretación destas producións), segue resultando único poloseu rigor, o seu axeitado aproveitamento do máis científico eactualizado da sociolingüística mundial e a súa constante preocupación por facer análise científica, ao servizo dunha causa quenon admite demoras nen trampas: a recuperación do idioma galego.