Ir al contenido

ALÉN DA CASTA. Un ensaio sobre o poder e as clases sociais noséculo XXI. A crise financeira, transformada rapidamente encrise económica, social e política, aviveceu a crítica dadesigualdade económica e a denuncia dunha pequena minoría deempresarios e políticos que goberna a sociedade ao servizo dos seus intereses, unha casta enfrontada á maioría social. É posíbelcomprender a sociedade ignorando os conceptos de poder, xerarquía e clase social? Existe, aínda, a loita de clases? Quén leva ainiciativa, a minoría poderosa ou a maioría subalterna?. Este texto describe as clases sociais tal como se configuran naprimeira década do século XXI. Unha nova clase, a clase corporativa internacional, desenvolve, desde hai 40 anos, unha organizada, intelixente e teimuda ofensiva para aumentar a súa riqueza e podere eliminar as conquistas históricas das clases traballadoras, dagran maioría social. O resultado desta ofensiva é un enormeaumento da desigualdade na distribución da renda e a riqueza e unextraordinario ascenso da concentración do poder económico epolítico, paralelo ao aumento da pobreza, a exclusión social e aprecariedade. Un percorrido desde o cume do poder económico epolítico até as vidas precarias de millóns de traballadoras etraballadores.