🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

As Irmadades Da Fala (1916-1931)

2016 GLG
ISBN: 9788484873310 LAIOVENTO (IBD)
18,49 € 18,49 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Nos inicios do pasado século XX tecíanse relacións fecundas entreos máis relevantes valores da Galiza. Relacións que darían lugar ainiciativas de grande e decisiva importancia, caso das Hirmandadesdos Amigos da Fala. Unha organización que, desde o seu nacemento na primavera do 1916, reivindicaría a identidade nacional da Galiza, a partir da defensa do idioma propio do noso país nun tempo no quea lingua galega ficaba fóra da legalidade (española)imperante. Na presente monografía apreséntase unha ampla visión doque foron e representaron as coñecidas, popularmente, como Irmandades da Fala, partindo do contexto no que estas foron creadas e no que agromaron de xeito vizoso. E facémolo como homenaxe ás Irmandades no marco do centenario da creación das mesmas(1916-2016). Diante desta efeméride agardamos contribuír asocializar unha panorámica, o máis ampla posíbel, de como sexestaron e o que significaron para o país as Irmandades da Fala. Socializar, nomeadamente, que programa socio-político e culturalergueron e defenderon as Irmandades, cal foi o seu modeloorganizativo e o seu axir, cales foron as diferenzas internas queamosaron e onde situaron o eixo central da Causa galega: aloita pola visibilización da nación galega, a partir da defensa doidioma propio, en todos os planos nos que esta debía de semanifestar como tal, pulando ao tempo polo recoñecemento da Galizacomo suxeito político.