Microefectos Dramatúrxicos
ISBN: 9788484873501
Nas páxinas deste libro poderedes atopar pequenas rebelións, loitasde artistas, militancias extremas, personaxes reais que semellaninventados, autoras atascadas, amores posibles e imposibles, divertidas distopías, citas a cegas, retallos da América profunda, o cine e as súas actrices, soidade, enfermidade, morte, vellez, violencia, amor... MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS non é máis que unhaollada diferente ao mundo. O noso día a día, as nosaspreocupacións, ilusións, esperanzas, farturas e sensaciónstransformadas en teatro. Un teatro próximo, sincero, atrevido, polémico, un refl exo de como vemos a nosa sociedade, un retrato do que nos rodea, ás veces divertido, ás veces amargo, como avida mesma. Pequenas pílulas dramáticas que refl icten o nososentir a través dunha morea de personaxes e situacións. Con esta escolma dos nosos textos pretendemos emocionarvos edivertirvos. Esa foi dende o principio a nosa intención e esperamos non defraudarvos