Ir al contenido

O Tartufo

2018 GLG
ISBN: 9788484873914 LAIOVENTO (IBD)
12,31 € 12,31 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

«O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de expresión fronte á censura e o intento de afogar toda crítica ao Poder. Molière mantivo unha dura loita, resistindo rexamente contra oforte sector reaccionario incrustado no aparato do Estado e acadoufinalmente a liberdade de representación. E dende o século XVII aos nosos días O Tartufo ven engaiolando arreo directores e directoras, grupos teatrais e público nas máis variadas latitudes e linguas. Laiovento publica por primeira vez en galego O Tartufo na súa integridade e orixinalidade, sen cortes nin adaptacións, en verso, por fidelidade ao texto do autor e por recoñecemento á capacidadeexpresiva da nosa lingua, que pasa moi dignamente esta esixente proba. E a comedia acompáñase con varios documentos imprescindíbeis nunha boa edición: os tres placet nos que Molière pediu ao rei queautorizase a representación e mais o magnífico prefacio no que realiza unha inmorrente defensa do Teatro, ao que el consagrou literalmente asúa vida».