🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Carlos Marx: o Eterno Rebelde

2018 GLG
ISBN: 9788484873976 LAIOVENTO (IBD) Ensaio
14,34 € 14,34 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Carlos Marx cumpre 200 anos o 5 de maio do 2018. E cúmpreosporque segue vivo, aínda que o mesmo soltase unha sonora gargallada se alguén lle predicira que dous séculos despois sería un homepolémico. Amado e odiado no planeta Terra, foi segundo unha enquisa (coa marxe de erro que ten calquera) o home máis publicado nomilenio e por iso é polo que se lle concede o primeiro lugar entreos homo sapiens. A súa obra cume O Capital é un dos libros máiscomercializados da historia humana, malia que non creo sexaentendido por todos os que lean esa monumental obra, hoxe usadacomo bibliografía o mesmo en Harvard que nunha pequena escola da Patagonia. Terxiversado, levado a dogma, no propio século XIX dicía "Todo o que sei é que eu non son marxista". O corpo teórico destafilosofía estivo en crise desde o seu nacemento, pero nunca foiquebrantado, aínda que a súa revisión cara á esquerda ou á dereitalevou a que unha boa parte dos terrícolas explorados, marxinados eata escravizados aínda hoxe, non entendan que esa teoría sustenta a liberación de todos a partir de que se elimine aplusvalía. Dese home e a súa contorna, como un acto confeso deamor, trata o libro que o lector ten nas súas mans: Carlos Marx, oeterno rebelde.