O Labirinto Da Saudade
ISBN: 9788484874126
O labirinto da saudade traza un movimento feliz entre a vivencia, aexperiencia directa e a súa elaboración intelectual, á luz da longatradición de estudos sobre a saudade. Neste ensaio, á par fondo eleve, son conxugados e procurados con harmonía e en equilibrio acreación e o saber, até achegar unha perspectiva diferente e orixinal, que recolle os contributos doutros pensadores, beneficiándose da súariqueza. A partir da experiencia psicolóxica persoal da morriña ea saudade, ligada a lugares (unha ría, unhas praias), tempos (o verán, as vacacións) e épocas (a infancia, a adolescencia e xuventude), oautor fai un percurso, reflexionando, lembrando, interpretando, poralgúns dos moitos vieiros que as culturas galega e portuguesa foronabrindo ao redor da saudade: a filosofía (Ramón Piñeiro, Teixeira de Pascoaes e António Sérgio, Carolina Michaëlis, Andrés Torres Queiruga, Paulo Borges), a pintura (Henrique Pousão, António Carneiro... Silva Porto), a escultura (Soares dos Reis), a poesía (Pondal... Carvalho Calero, Avilés de Taramancos). Deambulando entre Galiza (O Pedrido, Ponteceso, A Coruña, Corme... Miño) e Portugal (Caminha, Luso, Amarante, Lisboa, O Alentexo... Porto), paso a paso, de autor en autor e de obra en obra, vai perfilándose, elaborándose e propóndose unhanova concepción filosófica da saudade que fai énfase nas dimensiónscomunicativa e colectiva, así como no aspecto activo