Ir al contenido

COLGADOS "Non che digo que o seu era o de colgarse? "A las cinco de la tarde subía con toda la muerte a cuestas"... ao faiado. Áhora dos touros! Aquilino era forte como un boi. Mentres a xentede idade durmía a sesta, el colgábase un tempiño, até quequedaba a gusto e conseguía botar fóra ese aquel que un levanas entrañas, que che proe por dentro como un bicho, xa sabena que me refiro. Porque para colgarse ten que darche unchisgarabís ou un rauto como vulgarmente se di..." PISADOS "Pois o zapato dixo claramente, "chan, chan"... E logo que pensan que había dicir un zapato posto a falar en galego se non é "chan, chan"? Non vai dicir "suelo, suelo"... Que "suelo"?, "suelo pisarmierda cuando miro para el cielo"? É moito máis difícil... Ademais, se o primeiro que ve un zapato cando esperta é o chan para que vai dicir "suelo", é antinatural, por moito decreto que lle obrigue afalar así a un zapato. Hai que poñer os pés no chan. É de sentidiño común..." SNAKIZADOS "Que vou na na, nara na, nana, nará, naná... nacer dunha puuuu, que vou nacer dunha puu... nta tacón... Grooou! Auuuú! Auauarrr! Xoooó!... Non podo, non podo comigomesmo, ai aiai!... Silencio! Todos ao cha cha chan... Bailas? Agora non é o momento, non ves que estou nacendo?... Afastade min este... Gragh, gragh! Ca ca cala corvo... Nevermore... Vou vou na nanai, nanai do dengue dengue, na nacerdunha puu, puag!... Ao gran!... Vou ir ao gran dunha puuu, dunhapuuuuu ta, ta, ta, tatatatatá!... Tatatatatá! Seica el soíño matoucento vinte e dous..."