Escritos de Mocidade (1914-1918)
ISBN: 9788484874171 LAIOVENTO (IBD) Ensaio
Neste volume recóllense unha serie de artigos que Antonio Gramsciescribiu entre os anos 1914-1918, é dicir, inicio e fin da Primeira Guerra Mundial e a aparición, súbita, cara ao leste, da Revolución bolxevique. Escritos de mocidade ilustra o itinerario socialistado Gramsci mozo: proposición de entrada en guerra de Italia a carón dos aliados e influencias da esquerda anti-conflito reunidaen Zimmerwald, contacto coa clase obreira turinesa e oespectáculo dos seus combates, o esforzo por elaborar unhavía orixinal italiana do marxismo, contra as influenciaspositivistas e por un retorno ás posición hegelianas vía Benedetto Croce, o encontro coa definición rusa e o esforzo pordefinir o bolxevismo. Mais tamén un esforzo para introducirse na cultura popular, nas canles de difusión da cultura burguesa, porelevar o ton e o fondo das mensaxes dirixidas ao proletariado, o enfrontamento coa vella garda socialista e coreformismo. Aínda que ás veces estes artigos ou traballos seresenten do seu formato xornalístico, non deixan de conformar asbases do que serán, na súa madureza, as constantes dopensamento gramsciano: estudo da cultura e literatura populares, afunción dos intelectuais, a construción dun partido revolucionario, a hexemonía do proletariado, a estratexia para unharevolución en Occidente, etc. Hoxe, como sempre pero talvez máis que nunca, o lector pode tirar leccións e ensinanzas destesescritos xuvenís de Gramsci para comprender o mundo actual