🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

VIXIADOS - Represión, investigación e vixilancia na Galiza

2018 GLG
ISBN: 9788484874225 LAIOVENTO (IBD) ENSAIO
18,30 € 18,30 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

VIXIADOS Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939) O caso galego resulta de singular importancia para abordar os mecanismos de control social tras o verán de 1936. Ocontrol das provincias galegas polos militares sublevados poucos díasdespois do golpe militar do 20 de xullo dotou este territorio -e estasociedade- dunha especial singularidade. Porque o golpe non rematou en poucas horas como tiñan previsto na planificación inicial, nin tansequera en poucas xornadas coa carreira desesperada pola toma de Madrid... Durou mil días, case tres anos. Neste tempo de conflitobélico, Galiza converteuse nun laboratorio para facer medrar un novomodelo político. Os traballos que conforman este libro estánelaborados a partir da documentación galega que sobre o tema seconserva nos arquivos do Estado. A obtención e recollida deinformación tivo un papel determinante na construción do \'Novo Estado\' e do mesmo réxime franquista. Toda a sociedade tiña que estar baixo sospeita. A autoconciencia de formar parte desta engrenaxesocial, auspiciada e fomentada dende as altas instancias, foifundamental para entender un xeito de funcionamento tan prolongado notempo. Cadaquén tiña o seu papel nesta nova sociedade. O modelo nonpodía ser cuestionado, porque non había outro, non habíaalternativa. Téñense escrito moitas liñas sobre o franquismo, maiso propósito que anima este traballo que tedes entre as mans e tentarexplicar as orixes do mesmo e responder preguntas como: por que?, como? ou de que xeito?