Ir al contenido

Este libro contén un exercicio literario pouco frecuentado naliteratura galega. A creación a dúas voces, entre senllos poetas, consciente e decidida dende un comezo. Unha escritura poética que, coma os latexos da vida, se foi construíndo devagar mais de formaincesante. De xeito que cada poema interpela e dialoga co seupróximo. O joc partit das vellas cantigas medievais cobra vidaauténtica e dobra e expande o potencial da voz poética. Ostextos entrelázanse, nunha estrutura cambiante e (ir)reversíbel. A partir da sensibilidade individual -de creadora e creador, nestecaso- os versos asumen a condición dun todo único e plural. O quefai que, pola súa vez, isto constitúa un marabilloso exercicio dereinterpretación, á vez singular e colectiva, da existencia.