🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

A casa sen nós

2019 SPA
ISBN: 9788484874515 LAIOVENTO (IBD) Ventoalto
15,57 € 15,57 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Unha casa enfronte do mar, bañada pola marusía nos días de temporal, dúas plantas, un patio, unha escaleira e un corredor que é columnavertebral dun organismo que palpita, que respira, que semove. A casa encolle de frío os días de néboa e chuvia, cunruído de abismo nas almofadas e tremor de follas nas contras, agrándase os días de calor luminosa que bate contra a fachada, cando abro as ventás e esa forza prodixiosa que é o espazo sen límites esperta en min unha enerxía de raíz sementada, e berro os nomes que configuran unha das eternidades conscientes que podo sentir, arespiración dun intre único. É doado intuír que a casa existiu, que me habitou moito máis que eu a ela. A orfandade que deixou, queson moitas orfandades, permanece, están no texto, en cada unha daspalabras e signos, nas dúbidas, nas convocatorias e chamadas, nas ausencias que abundan, na breve luz que nace sempre a caróndunha sombra, como nas catedrais