Foula e ronsel
ISBN: 9788484874713
No prólogo da reedición de La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987), Ricardo Carvalho Calero manifestou que había que proxectar a atención sobre ahistoriografía da época enfrontando con método obxectivo as fontesdocumentais e as testemuñas presenciais. Iso fi xo a autora destevolume cando preparou a primeira edición deste libro, que obtivo o Premio Ánxel Fole en 1992. Ao material documental e gráficoproporcionado pola súa compañeira de vida Mª Ignacia Ramos Díez, totalmente inédito na altura, engadíronse valiosos testemuños de compañeiros e compañeiras que o coñeceron e trataron. A esasfontes uniuse a investigación da autora e a consulta exhaustivade fontes hemerográficas para construír o espazo biográficocarvalhiano que abranxe de 1910 a 1941, un período crucial nasúa formación e na súa vida, coa ditadura de Primo de Rivera, a República e a guerra (in)civil como pano de fondo, un período quese desenvolve en tres capítulos centrados na infancia eadolescencia no seu Ferrol natal, o primeiro, en Compostela e Ferrol, o segundo, e en Madrid, Valencia, Andalucía e Ferrol, oterceiro. As formulacións galeguistas, a escrita, a metodoloxíada obra investigadora, o polifacetismo enciclopédico, a actividadecultural do ferrolán teñen a súa orixe no tempo que antecede aoperíodo bélico, etapa que conformou Foula o ronsel. Os anos quemarcaron a biografía de Ricardo Carvalho Calero (1910-1941