Alborada de Edipo
ISBN: 9788484874836
Alborada de Edipo comeza explorando as orixes do teatro e vai dar, por fado ou magnetismo, ao misterio de Edipo, que simboliza o basamentoda Orde Humana. É, por tanto, un autorretrato colectivo que se albisca xa no texto literario máis antigo que coñecemos: o Poema de Xilgamesh, e madura en obras clásicas como Edipo rei de Sófocles, Hamlet de Shakespeare ou Frankenstein de Mary Shelley, en relatospopulares procedentes dos Balcáns, de Norteamérica ou da Polinesia, en contos máis próximos, como Branca de Neve ou Hansel e Gretel, no Sigfrido de Wagner, e en creacións como Moby Dick de Melville, Don Hamlet de Cunqueiro ou Superman de Siegel e Shuster. Toda esta materia, creada en culturas tan distantes no espazo e no tempo, comparte, de maneira máis ou menos clara, unha estrutura argumentalque sustenta o fenómeno chamado Edipo. Este sinal foi o que nos puxo a camiño, hai xa tempo, en procura dunha revelación que intuíamosremota. E foron diversas as que o camiño nos outorgou, tanto da mandos textos "canónicos" como doutros aparentemente alleos ao "xéneroedípico". E así, baixo o mesmo mencer co que partíramos, logramoschegar, igual que Ulises, igual que Edipo, si, á nosa patria, á nosaverdade. Mais a pretensión de Alborada de Edipo non éproclamar A Verdade, e moito menos explicala. Alén das interpretacións que se veñen dando ao tema desde finais do século XIX, nas páxinasque veñen a seguido leremos: Edipo somos nós: materia viva, e explicar a materia viva, fixala, é tirarlle o alento. Conque o presentetraballo non resolve nin conclúe, só comparte unha experiencia ou, como moito, convida a unha viaxe, que debe ser feita en soidade, e con risco de extravío, pola beira do misterio que nos impulsa en espiralcontra as múltiplas formas de alienación que o mundo deita ao nosopaso.