Ir al contenido

IDIOMA E SOCIEDADE. Sobre normalización e planificación da linguagalega Nesta obra reflexiónase sobre a lingua galega e abórdansecuestións relativas á súa normalización e planificación, ben como aoutros aspectos da súa vinculación coa sociedade, sempre naperspectiva de procurar a vía adecuada para lle garantir un futurodigno como lingua nacional da Galiza. Máis do que un libro desociolingüística galega, trátase duns apuntamentos sobre diversosaspectos da realidade social do idioma feitos por unha persoa que seveu dedicando durante boa parte da súa actividade como profesoruniversitario a estudar a lingua galega desde distintas vertentes. Alén do posicionamento persoal do autor sobre a realidade socialdesta, moitas outras persoas expertas, galegas e foráneas, foronconvocadas a exporen e confrontaren as súas ideas, na procura dunhavisión plural da realidade social do galego, dos seus problemas e dassúas perspectivas de futuro. É, pois, esta unha obra polifónica, ondeo autor, sen ocultar en ningún momento a súa opinión sobre diferentestemas que afectan a lingua e a sociedade galega, ofrece outros puntosde vista que veñen enriquecer o debate e a busca de solucións paraunha lingua necesitada de reorientar o seu futuro. Deste modo, temascomo o binormativismo, o sesquilingüismo ou o ecolingüismo ocupan unlugar destacado, ao lado doutros máis tradicionais como o bilingüismo, o imperialismo lingüístico ou o reintegracionismo.