Descentralización fiscal e desenvolvemento
ISBN: 9788484875260 LAIOVENTO (IBD) Ensaio - Pesquisa
Faltaba un estudo completo, sistemático e rigoroso destacuestión. Afortunadamente, Alberte Turnes aceptou o reto derealizalo. Despois duns anos intensos de investigación académicapara a súa tese de doutoramento ofreceunos unha detalladaaproximación a este complexo problema, con rigor e cunhaperspectiva galega. O estudo, que agora podemos verpublicado, resulta de moito interese tanto pola súa reflexiónteórica coma, sobre todo, polo rigor do traballo empíricorealizado. Neste estudo realízase unha explotación orixinal dosdatos oficiais -ben pouco transparentes, difíciles de obter porcerto e contraditorios entre as diferentes fontes oficiais. Avánzase nunha distinción, que eu considero crucial, entre o quepodemos chamar unha Balanza Fiscal Básica e unha Balanza Fiscal Ampliada. Os resultados contradín os diferentes estudos previosrealizados por encargo do goberno central pero tamén os realizadospor encargo doutros gobernos como o catalán ou o valenciano. Peromáis alá diso aborda un tema inédito de grande importancia: osefectos indirectos e os retornos para a economía madrileña do gasto público licitado pola Administración Central para investimentosen infraestruturas en Galiza. O resultado é realmente sorprendentee invita a unha seria reconsideración do discurso oficial nestamateria. Merece a pena ler este libro até o final con atención, lapis e papel. Xavier Vence, catedrático da USC