Os irmáns de América
ISBN: 9788484875420
En setembro de 1907 un grupo de emigrantes do Valadouro e de Alfoz na Habana crearon a sociedade El Valle de Oro. O obxectivo principaldesta entidade era edificar escolas e mellorar a instrución nosconcellos de Alfoz e O Valadouro. Entre 1921 e 1933 esta sociedadeinaugurou catro edificios escolares, axudando tamén economicamente áconstrución doutras escolas e á dotación das mesmas. Non obstante, ademais do obxectivo escolar, outras foron as angueiras de El Valle de Oro: a mellora das igrexas e a axuda ao agro estiveron tamén entre as súas misións. Este libro pretende seguir as pistas deste labor a través das pegadas que deixou na prensa. Nas primeiras décadas doséculo XX a emigración formaba parte da paisaxe cotiá de Galiza. Porén, agás excepcións, a imaxe que chegou a nós da emigración ébasicamente negativa. Neste traballo arredámonos desta percepción, para considerarmos a emigración galega -a través do caso do Valadouro- como un proceso histórico que achegou moitas oportunidades para Galiza, axudando á súa modernización e mesmo á súa construciónnacional.