Ir al contenido

O libro Tríptico ártabro, de Ánxeles Penas, resulta paradigmático doseu mundo poético. Tanto na súa escrita como nos seus contidos, cristaliza numerosas claves da súa poética. Está estruturado en trespartes, "Territorio", "Os anais do vento" e "Galicia, meu señor", aínda que as sinerxías temáticas, expresivas e formais entre as tresson constantes, producindo unha viva sensación de coherencia eunidade. O título remite ao Portus magnus artabrorum de Estrabón, Pomponio Mela e Plinio, coñecido entre nós como Porto dos Ártabros: oespazo que, co seu núcleo na cidade da Coruña e na Torre de Hércules, abrangue un amplo arco natural que vai desde as terras e os cabosferroláns até as Illas Sisargas e o inicio da Costa da Morte. Unespazo integrado polas rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol, desdeo que se atalaian fermosas e amplas panorámicas do Atlántico. Xavier Seoane