🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Grmática histórica II - Lexicografía

2022 GLG
ISBN: 9788484875871 LAIOVENTO (IBD) Ensaio
33,63 € 33,63 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

O lector ten nas súas mans a segunda parte da Gramática Histórica Galega do Prof. Manuel Ferreiro, dedicada, nesta ocasión, ao estudo do devir léxico-semático do noso idioma, que continúa e complementa aprimeira (xa na 4ª edición), centrada na Fonética e na Morfosintaxe. Co presente volume cérrase unha viaxe lingüística através dos séculos, que se converterá, máis unha vez, nun referenteinevitábel e nun instrumento fundamental para toda aquela persoa quepretenda coñecer en profundidade a evolución lingüística do idioma, oprimeiro sinal de identidade da nación galega. E para Laioventounha satisfacción a publicación dun traballo que, con todo o rigorfilolóxico e con toda a paixón humana, permite coñecer o proceso deconstitución do léxico galego (tanto o común como o toponímico e oantroponímico), descubrir os mecanismos de ampliación léxica que aolongo dos séculos permitiron multiplicar as súas palabras esignificados, e, por último, acompañar a plural apropiación de moidiversos elementos lingüísticos, inicialmente extraños á nosa lingua.