Léxico familiar
ISBN: 9788484875895 LAIOVENTO (IBD)
«Ao longo da miña infancia e adolescencia tiña en mente sempreescribir un libro que falase das persoas que vivían daquela ao meuredor. Este é, en parte, ese libro. Iso si, só en parte, porque amemoria é lábil e porque os libros que se toman da realidade non son a miúdo senón tenues faíscas e estelas de canto vimos eouvimos». Léxico familiar é o libro de Natalia Ginzburg quemaiores e máis duradeiras reflexións ten provocado na crítica e noslectores. A chave desta novela extraordinaria trázase xa no título. Primeiro «familiar», porque narra a historia dunha familia xudía eantifascista: os Levi, en Turín, entre os anos trinta e cincuenta doséculo pasado. E «léxico», porque os camiños da memoria pasan a través da lembranza de frases, maneiras de dicir, expresións particulares. Escribe Ginzburg: «Nós eramos cinco irmáns. Agora vivimos en cidadesdistintas, algúns están no estranxeiro e non nos carteamos confrecuencia. Cando nos atopamos, podémonos mostrar uns cos outrosindiferentes ou distantes. Pero abonda, entre nós, unha palabra. Abonda unha palabra, unha frase, unha daquelas frases antigas, ouvidas e repetidas infindas veces na época da nosa infancia, abonda dicir:\"Non viñemos a Bérgamo para namoriscar\" ou \"A que fede o ácidosulfhídrico?», para reencontrarmos no acto as relacións de en tempos, a nosa infancia e mocidade, ligadas de maneira indisoluble a esasfrases, a esas palabras».