Nura
ISBN: 9788484876663
''Comecei a escribir ''Nura'' un serán de inverno, en Macaret, arrodeado de velas e co Requiem de Mozart a todo volume. ''Nura'' é o nome que lle puxeron os fenicios a Menorca e significa ''Terra de lume''. Un lume que aínda queima por dentro e representa a paixón pola literatura. Condo construía o poema, fun elaborando, intertextualizando, o eco doutras voces por mor de fundir os vellos ecos da tradición coa voz da modernidade. ''Nura'' é un canto de amor á Menorca que coñecín de neno e agora, máis afectada polo turismo, dóeme, amo e levo dentro do meu corazón. Nomeadamente cando saio da illa. E teño saudade. ''Nura'' é o intento de versear con palabras toda unha serie profunda de inquedanzas e preocupacións, lembranzas, desasosegos. Nura é un salmo, unha cantata, un oratorio, un réquiem. Un tratado menorquín de illomanía por mor de que poidamos salvar as palabras, poetiza-lo mundo e facer moito máis humana a vida.'' Ponç Pons