Ir al contenido

De porteiro xoguei eu

2024 158 p. GLG
ISBN: 9788484876830 LAIOVENTO, S.L. Narrativa
16,32 € 16,32 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Nos anos oitenta do século XX, nunha vila típica de Suíza, un xonqui a quen todo o mundo coñece como Porteiro acaba de cumprir unha condena e quere reconstruír a súa vida. Mentres intenta coñecer as circunstancias exactas en que tivo lugar o seu ingreso na cadea, descobre, desconcertado, que nada é o que parecía ser. Der Goalie bin ig, de Pedro Lenz, publicouse en 2010. Escrita no alemán bernés falado na Alta Argovia, é unha historia sobre a memoria, o amor e a traizón que tivo unha enorme resonancia e xa se considera a obra en dialecto máis coñecida de todos os tempos. Gañou o Premio de Literatura do Cantón de Berna e mais o Premio Schiller de Literatura da Suíza Alemá. Traduciuse ao italiano, ao alemán estándar, ao dialecto inglés de Glasgow, ao lituano, ao letón, ao francés, ao húngaro, ao neerlandés, ao ruso e ao ucraíno. De porteiro xoguei eu, a versión galega, é probabelmente o primeiro caso dunha obra dialectal da Suíza alemánica traducida a unha lingua da Península Ibérica. A novela foi levada ao cine por Sabine Boss, estreouse en 2014, atraeu unha gran cantidade de público, foi galardoada no Premio do Cinema Suízo e recibiu os premios de cinema de Zürich, de Berna e da Crítica Cinematográfica Suíza, así como o Premio Walo.