Ir al contenido

Domingo e outras historias

2025 GLG
ISBN: 9788484877080 LAIOVENTO (IBD) Candemaia
24,01 € 24,01 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Domingo e outras historias, de Irène Némirovsky achéganos relatos escritos entre 1932 e 1942, anos previos á Segunda Guerra Mundial e os seus inicios. Némirovsky narra historias sinxelas e de xeito moi parco, pero con personaxes cun desenvolvido perfil psicolóxico. Relatos que nos falan de homes e mulleres ata deixalos espidos ante os ollos do lector, algún dun xeito sutil, outros fondamente, pero sempre coa intención de amosarnos algo que debemos aprender. Relatos cheos de maxia e misterio, desas vidas pasadas da infancia e a mocidade, do inexplicable e o realismo irreal, de Finlandia, da revolución bolxevique. Relatos de mulleres, de nais e fillas, de amigas, de inimigas, de sometidas e daquelas que cren ter poder, do amor, da perda e a soidade. Relatos de homes, pensamentos dun mundo burgués a piques de ser esnaquizado, diñeiro, poder, egoísmo. Ordenados segundo a ocupación nazi se vai facendo realidade, nunha progresión arrepiante sobre a nosa conciencia nun dos momentos máis escuros da historia recente da humanidade son, en fin, relatos para que aprendamos do pasado e non cometamos os mesmos erros.