G
ISBN: 9788484877103 LAIOVENTO (IBD)
GHYJWKGreguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesía tipográfica, experimentación... Cousas... Con permiso de Castelao. É do que se compón G, título que fai referencia a Greguería, pero tamén a Galego, a materia coa que está feita a obra. A expresión concreta do idioma representada por unha letra que se converte en homenaxe ao dicionario, ese libro escrito sen Grandes palabras, sen maiúsculas, pero que dá entrada a todas as voces, ao H mudo e aos sons excluídos pero non inexistentes na lingua: Y, J, K, W. Un ''G'' con ou sen G''H''eada e o seu séquito alfabético que aquí se ordena a modo de particular abecedario para enumerar as seis partes do libro: ''G'' de Greguería, de Galego e de Ghaliza. ''H'' de Haiku e de Horizonte. ''Y'' de Yin-Yang e Ye-Yé ou viceversa. ''J'' de Jaiku Jam sessión Jazzzzzzzz. ''K'' de Kú de Hai-Kú, de Kamikace e de Kamiño. ''W'' de VVisual ou Wisky, unha invitación a ver dobre.