Un Home Estraño
ISBN: 9788491213369
O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeirocaso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figuraextravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiñaesperta a súa curiosidade. Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, "Un home estraño" é unhanovela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, achamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobreunha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e acolectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loitapola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade. "Un home estraño" é a segunda entrega da serie, iniciada por "Aantesala luminosa" e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro &, #8722, aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formatode novela curta &, #8722,, pretende abordar, dende distintasperspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.