🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Nova Nursia

2018 344 p. GLG
ISBN: 9788491213796 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
20,14 € 20,14 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máispoderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades paraseguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un territorio practicamente inexplorado naquela altura. Frei Rosendo Salvado, como asinou sempre malia ostentar os títulos depadre, abade e bispo, fundou a maior misión católica do continenteaustraliano, Nova Nursia. Pero o obxectivo evanxélico inicial axiñafoi substituído pola defensa dos aborixes, marxinados e abocados áextinción por unhas leis que nin sequera lles outorgaban a condiciónde seres humanos. No máis de medio século de labor misioneiro de Salvado sucedéronse asinterminables viaxes entre Europa e Australia, as conspiracións e astraizóns, as tentacións do luxo e o poder, os transos de perigomortal, os logros que abraiaron o mundo e a obrigada volta a empezartras os fracasos, sempre coa dúbida sobre o sentido e a continuidadedo seu formidable proxecto. &quot, Nova Nursia &quot, é a aventura dun home que fixo da entregaaos demais o seu modo de entender a vida e que nos legou unha dasbiografías máis fascinantes da nosa historia.