Principio de Incerteza
ISBN: 9788491213802 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Que pode ou debe facer unha profesora cando unha alumna trata deintroducirse na súa vida persoal? Que pode ou debe facer cando esaalumna precisa, dalgún xeito, o seu apoio fóra da aula? ", Principio de Incerteza ", relata a historia de Lía, unhaprofesora de Ensino Secundario que terá que sobrepoñerse á súa propiatimidez para axudar a unha alumna que atravesa por un terribleepisodio na casa. Nesta viaxe emocional, Lía atoparase cara a cara coseu pasado, co seu futuro como nai e co dilema sempre aberto de ataque punto un docente debe ou non tomar parte na vida persoal dunalumno. Esta historia -estruturada en nove capítulos arredor do Principio de Incerteza de Heisenberg- aborda en última instancia o tema do amor, da soidade e da importancia das relacións interpersoais como esenciafinal do ser humano.