A Gran Travesía de Chiruca Macallás
ISBN: 9788491214472 XERAIS
O arrastreiro Macallás sae das Arneiras, a cidade da Torre e da areado Berbés. O seu destino: Rockall, rocha perdida, entre Escocia e Islandia. O Con de Marín, tal lle din pola nosa ribeira. Manda naponte unha muller, Mercedes, patroa de pesca e, antes, famosavocalista do conxunto Forz A doz ZE! É unha marea ben curiosa. Entrelance e lance, a mariñeira heavy vai entrar en tratos con Lipeilipeisa, un peixe-sapo que fala, e mesmo aprenderá a cántiga de Mamí Watá, que é a serea negra da Guiné, esa que chegou canda osmariñeiros senegaleses. A gran travesía de Chiruca Macallás conta a viaxe dun barco que partepara o Gran Sol ao mando dunha muller, dona dun poderoso universo, que nos revela unha historia de superación. Coa enorme forza do relatooral e a inclusión de elementos fantásticos e surrealistas que recrean a atmosfera gráfica de Urbano Lugrís, Xurxo Souto ofrécenos unhanovela personalísima que retrata a aventura dunha marea singular conton epopeico.