Ir al contenido

Tres Pintores

2018 104 p. GLG
ISBN: 9788491214526 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
18,25 € 18,25 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel meu vello Renault 8 decidiusuicidarse da maneira máis elegante que poidades imaxinar. Así comeza Tres pintores, a obra coa que Cid Cabido volve á narrativa trasrecibir o Premio Ánxel Fole, logo de nove anos de silencio. Contada en primeira persoa, cunha prosa divertida, capitaneada polaironía, a mordacidade e o coloquialismo, Tres pintores relata asperipecias de dous amigos que unha noite deciden emprender, sen demora e apenas sen cartos, unha viaxe a París a bordo dun vello Renault 8. De fondo, aparece a necesidade urxente de ver mundo que tiñan, nosanos oitenta, uns rapaces que pasaron da militancia clandestina contra o réxime a moverse nos ambientes dunha vida pseudo caralla intelectobohemio contrariosa. Eles representan, na creación artística eliteraria, o que hoxe pode considerarse unha xeración invisible. Co seu xeito tan persoal de entender a narrativa e unha forma deescribir imantada, Cid Cabido ofrécenos a visión crítica dunha época e duns personaxes, se cadra moito máis reais do que poida semellar, tratados con salientable sentido do humor.