Ir al contenido

«Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelohistoriográfico vixente que se lle vén aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e política galegacontemporánea. Para iso estúdase a xénese do modelo historiográficoque está detrás do concepto (a «Renaissance» de Jules Michelet), asícomo a evolución e cronoloxía da palabra «rexurdimento» e o seutriunfo relativamente recente, xunto coa expresión «Séculos escuros», sobre outras alternativas. Para isto, pártese do modelo crítico «Lemot et l'idée» de Lucien Febvre, xa aplicado en Italia e Cataluña ósconceptos de «Risorgimento» e «Renaixença», movementos cos que o«Rexurdimento» se compara. Do máis revelador é o estudo do período 1916-1936, do que o profesor Anxo Angueira ofrece novas conclusións á luz da singular peripeciatanto da palabra «rexurdimento» como da idea e do modelo que levaaparellados, a partir especialmente da análise das obras de Antonio Villar Ponte, Vicente Risco e os daquela mociños Carballo Calero e Fernández del Riego. Tamén o é o estudo que se fai do tópico quevincula o Rexurdimento co romanticismo e o papel de Sarmiento, clavena emerxencia política, cultural e literaria da Galicia contemporánea.