Conexión Macarrón
ISBN: 9788491215882 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
A Espe e a Rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar. Todo nel lles pareceu sospeitoso: o sombreiro dáballe voltas sobre acabeza, os seus ollos brillaban cunha potente luz branca, e nalgúnmomento confesou que tiña antenas. Estaba claro que non era un«Expósito», era un extraterrestre! Que ían facer agora que coñeceranun extraterrestre de verdade?