Ir al contenido

«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe oprofesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que seestán a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unhaenigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberáresolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vaipropor. Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentementeirresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas. Comeza o xogo!