🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Despoxos e vísceras ilustres

2020 264 p. GLG
ISBN: 9788491216377 Edicións Xerais OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
21,23 € 21,23 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

O corazón de Percy B. Shelley, poeta romántico inglés, é un dosprotagonistas deste libro. Despois dunha morte por afogamento e depasar varios días no mar, as amizades conseguen incinerar o escritor, pero a súa víscera do amor e dos sentimentos, a máis acaída aoromanticismo, resístese á desaparición para regresar a carón da súaamada Mary e do seu fillo Florence. O cerebro de Lenin, despois demorto este, será sometido polos dirixentes da Unión Soviética (quepretendían demostrar a súa excepcionalidade) a un rigoroso estudo quelles permita obter datos neurolóxicos sobre a intelixencia usandoíndices materiais, e en contra dos aspectos psicolóxicos emetafísicos. O corpo da socialista e marxista Rosa Luxemburgo, derramado pola auga, polo xeo e por diferentes animais do río Spree, será exhumado en tres ocasións. En «Despoxos e vísceras ilustres», María Xosé Queizán desprázase polaexistencia dos poetas románticos ingleses, pola política bolxevique en Rusia e na deriva do socialismo alemán despois da Primeira Guerra Mundial. Paralelamente, a través do mito e a percepción da realidade, do misterio e a truculencia de ilustres vísceras, entramos na historia de tres personaxes universais, tres vidas intensas e accidentadas, tres corpos alterados.