Ir al contenido

A vinganza dos homes bos é un libro sobre o paso do tempo e o exiliodos anos. Sobre a culpa, que medra como carriza, desfacendo a pedramáis forte. Sobre o valor necesario para ser covarde. Sobre aspalabras que son capaces de rachar as armaduras máis feroces. E taménsobre as palabras capaces, mesmo, de matar. Palabras sinxelas, como, por exemplo, «perdón». O exinspector de policía Carlos Manso andadetrás dun asasino, pero non do que a el lle gustaría. El mesmo taménmatou un home, unha vez. Dúas historias policiais separadas por vinte anos e dous milquilómetros, pero unidas pola necesidade de redención. O barco American Star, a Marcha Verde sobre o Sáhara Occidental ou ostúneles agochados baixo a cidade de Vigo son os escenarios dunnaufraxio, real e metafórico, que supón, en certo xeito, o final de Carlos Manso.