Ir al contenido

Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, estanovela de Álex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales douspolicías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresariodo granito no seu chalé tras un intento de extorsión. Fronte aoconcepto de novela de non ficción, tan vencellada ao escritor Truman Capote en "A sangue frío", Álex Alonso aposta aquí pola ficción, isosi, elaborada a partir dun enorme traballo de documentaciónxornalística. "Granito" conta o salto ao baleiro de dous seres que xalevaban o fracaso marcado nas súas costas, nunha acción completamenteimprovisada, sen reflexión nin preparación previas: a acción casesuicida de dous policías que non tiñan nada que perder. Ao mesmotempo, a novela convértese nunha crónica sentimental, case documental, dos anos noventa en Galicia. En "Granito" Álex Alonso racha cunhaconvención nunca cuestionada na ficción galega ao reproducir no propio diálogo dos personaxes a nosa realidade sociolingüística. Unha novelatrepidante, intensa e reveladora.