Contos de obxectos
ISBN: 9788491218043
Magnífico orador, Xabier P. Do Campo posuía unha especial mestría pararelatar historias a viva voz. «As historias que máis me gustan son asque naceron para seren contadas oralmente», dicía, e así se xestaronestes «Contos de obxectos», oito relatos até agora inéditos que Do Campo gustaba de contar amosando no momento preciso algún obxectocentral no desenvolvemento da trama. Obxectos que Daniel Puente Bellorecreou nas coidadas fotografías que ilustran o libro. Realidade eficción, escritura e oralidade, tradición e actualidade conviven neste fato de contos que dialogan coa escrita dos grandes clásicos galegosda narrativa curta, como Rafael Dieste, Ánxel Fole ou Álvaro Cunqueiro. Un libro para celebrar a vontade de narrador oral de Xabier P. Do Campo.