Ir al contenido

A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galegamoderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Consideradocomo libro aberto, «Polaroid» descubriuse como unha autén-tica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un verdadeiroartefacto literario que aborda tanto as cuestións do tempocontemporáneo como da memoria, deitando unha mirada sobre o país: naruptura co seu pasado, na esgazadura da cidade que esquece o campo, do presente que esque-ce o pasado. Un libro coa alma fracturada, concibido para mergullarse no seu tempo e pelexar furioso contra el. Foi precisamente esa vontade iconoclasta a que lle concedeu unhaimpresionante acollida por parte dos lectores e lectoras, converténdose nun libro polémico, discutido, grotesco, aplaudido, absurdo, desmitificador, burlón, innovador, crítico, hilarante, provocador... O propio Suso de Toro cualificouno daquela como«estalido de furia inspirado polo punk». «Polaroid», que recibiu o Premio da Crítica Galicia en 1987, enlazaba tanto co underground dosanos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectosindustriais de consumo en serie, cos medios de comunicaciónaudiovisuais e coa música pop anglosaxoa. Hoxe é, sen dúbida, unclásico, un referente inevitable das nosas letras.