A cidade do átomo
ISBN: 9788491219613
Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde asúa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e aspequenas, ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todosagás Lena Petrov, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugarentre as rúas e edificios baleiros. Non hai nin rastro da súa mellor amiga, Svetlana, e agarda con ansia o regreso da súa nai. Tan só o enigmático Máscaraparece adaptarse tan mal coma ela á nova orde das cousas. Que segredoagochará? Unha estremecedora historia ambientada na cidade fantasma de Prípiat, tras o desastre ecolóxico de Chernóbil.