Ir al contenido

Xosé Neira Vilas comenzou a escribir en 1996 este libro, ata o deagora inédito, que reúne lembranzas, ou o que el denominou ? prosascondensadas?, dun tempo esencial para a vida e a formación doescritor. De Gres, a aldea onde naceu, a Cádiz, a cidade na queembarcou aos vinte anos con rumbo a América para comezar unha etapanova. Coma nunha conversa consigo mesmo, o autor de Memorias dun nenolabrego fai un entrañable exercicio de nostalxia para apreixar oslostregueos que alumaron nalgún momento o seu camiño. Lugares, sucesos, personaxes e historias que están na orixe da obra narrativadun dos grandes escritores galegos do século XX.