Os Bicos Feridos
ISBN: 9788491512592 GALAXIA Literaria
Premio Viadutos de Novela 2018 Ninguén fai unha carreira para limpar inodoros. Olivia, despois dunexpediente brillante ten que marchar de Compostela e instalarse enlondres onde atopa traballo de ou pair nunha familia de clase media. Sempre lle dixeron que lle iría ben se se esforzaba, se estudaba unhacarreira de ciencias, se seguía as regras establecidas e agora senteque o que lle ensinaron é unha grande estafa tanto no eido laboralcomo no persoal. O móbil e as redes sociais conéctana coa súa vidaanterior, mentres se perde nunha cidade de oito millóns de persoas, soa, cun coñecemento precario de inglés e limpando unha casa e unlaboratorio, en lugar de traballar nel. A primeira persoa que sepreocupa por ela aparece ao día seguinte nos xornais despois dunaccidente na estación de tren de Croydon. Samuel foi unha casualidadenun deses días solitarios en que Olivia visita o Museo Británico. Unrapaz que se lle achega, que a fai sentir ben e que toma unha decisión para a que ela precisa respostas. Unha novela da vida que nos di queun simple aceno pode desencadear unha metamorfose. E que pasa candoisto sucede?