O Meu Pecado Mortal
ISBN: 9788491513476 GALAXIA Feminismos
Hai datas que nos fere. 1936 é unha delas Grazas á sabia decisión de Clara Campoamor de escribir a súa versiónda aprobación do voto feminino na Segunda República, as mulleres e oshomes comprometidos coa erradicación dos privilexios de xénero deséculo XXI contamos cun legado excepcional do que aprender, paracontinuar coa loita pola eliminación da subordinación feminina á queela serviu con tanta honradez e dignidade. Das moitas cousas que nos ensinou esta interesante muller subliñaríadúas. que a batalla pola emancipación feminina nunca se pode dar porgañada, ou que, polo menos, queda moito para aproximarnos a ese ideal, e que, a pesar dos argumentos conxunturais esgrimidos en cada épocacara aos avances a prol da xustiza de xénero, a oposición de fondoreside na misoxinia imperante, nun sistema de dominación que chamamospatriarcado, contra o que, aínda na actualidade, debemos enfrontarnosnos ámbitos máis diversos da nosa vida individual e colectiva.