Matar o Heroe
ISBN: 9788491513520
PREMIO VILAR PONTE DE NOVELA 2018 Ao rematar a Gran Guerra, Charles Bonne-Mort tenta aturar as eivas que lle legou o masacre industrializado. Escríbelle aunha antiga e íntima amizade, o xendarme René Saint-Rien, con quen compoartiu a tortura eo horror das trincheiras. As súas cartas, á vez laio de despedida eberro de auxilio, adquiren un ton confesional no que o protagonista da novela repasa os rostros máis escuros da propia existencia e asperipecias que viviu co seu camarada de armas. Será capaz desobrevivir outra vez? Convertido en taxidermista na Güiana Francesa, loita consigo mesmo e contra uns cobizosos adversarios que trazan unplan para acabar co pouco que lle queda de vida. Nun territoriogobernado polo absurdo, a vida alegre do París fin de siècle, asnoites de permiso en Pigalle e a ameaza dos obuses do canón Gran Berta dan paso ao clima abafante dunha vila illada pola selva. Adolfo Caamaño artella unha historia onde o realismo extremo convivecoas situacións absurdas nunha lograda fórmula que combina aliteratura grotesca de Jarry coa paixón pola exactitude de Zola. Narrativa cun senso do límite que sitúa a quen le na posición dadecisión fronte á ficción. Unha novela singular, un universo ficcional único.