Ir al contenido

Nélida, unha galega emigrada a Barcelona, retorna á súa aldea polofuneral da súa avoa. Alí reencóntrase con Elías, un antigo amor que se truncou cando el emigrou a México. Agora ela está casada e confillos, polo que aparentemente todo é auga pasada. Mais o encontro con Elías fará revivir un tema que crían agachado: a misteriosa morte hai moitos anos de Gonzalo, un tío de Nélida en México, nun accidente decoche. Sobre estes vimbios, Pura Salceda constrúe unha novela de intriga enque o amor e o erotismo, así como uns personaxes arrastrados polodestino, van comprender que nada é tan sinxelo como, de primeiras, parece.