O latexo dunha aula infantil
ISBN: 9788491514244 GALAXIA Biblioteca de Intervención Social / Didáctica
Se en Os fíos de infantil as súas autoras apuntaban os vinte fíos ouconstantes que deben estar presentes na praxe educativa, en O latexodunha aula infantil fixan os dez eixos temáticos a abordar nesta etapa educativa, vinculando sempre a súa cotiandade coa escola. Que os pequenos descubran quen son e como son, que fan, que coidan, que pasa ao seu redor, que comen, que os (con)move, que poden achegará comunidade e cara a onde van. Preguntas básicas, elementais pero non simples, pois son as que se fai calquera persoa adulta cando quereexplicarse ante si mesma ou ante os outros. O sorprendente é queestean borradas da face dos desenvolvementos curriculares. Así, nestapublicación recóllense máis dun cento de latexos (experiencias devida) organizados baixo epígrafes que fan referencia ao coñecementodun mesmo desde distintas facetas: como individuos, como persoas, como familiares, como cidadáns, como consumidores ou como activistasculturais, ambientais e sociais