Ir al contenido

Un gran thiller político, intimista, sentimental e social. Helena Sánchez é unha prestixiosa xornalista que acepta investigar ocaso de Fernando, un condenado por agresión sexual á súa filla quesostén ser vítima dun complot argallado pola súa ex-muller e quedesexa lavar a súa imaxe a través desa reportaxe. No proceso, sairán á luz historias ocultas que quizais é mellor non saber, movendo, através da pescuda, a unha reflexión sobre a ética da verdade fronte ámentira e sobre a propia felicidade na vida de Helena. A investigación xornalística é, en realidade, o punto de partida para afondar nasvidas e relacións de dúas familias marcadas non só polas particularestrastendas do amor, senón tamén pola irrupción do totalitarismo e aextrema dereita do mesmo xeito calado e sutil en que se introduce nasociedade e na política do noso tempo. O libro da filla é un relatoprofundo e inquietante en que a autora parte dun caso real de abuso no ámbito familiar para obrigarnos a ollar de fronte o mello e o peor de nós como persoas e como sociedade. Unha novela que afonda no máismeserábel da condición humana a través dunha voz directa e desgarradaque se inmisce de modo íntimo nuns personaxes cos que é imposíbel nonidentificarse.