Virtudes (e misterios)
ISBN: 9788491514480
Premio Blanco Amor 2019 Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivoque se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procuradun futuro mellor. Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia quetamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, odiario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obraque ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos levacoma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da quegravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun netoasombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é amesma