Ir al contenido

James Joyce publicou Dublineses en 1914. Unha colección de quincerelatos escritos dun xeito realista nos que se retrata a clase mediade Dublín e arredores durante os primeiros anos do século XX. Nomomento en que o autor escribe estas narracións, o nacionalismoirlandés e a súa defensa da identidade nacional estaban en plenaefervescencia. O centro da concepción narrativa de Joyce é a idea da epifanía, adunha revelación do senso da vida como consecuencia dunha experienciaconcreta. Para o autor deste libro, a busca da identidade nacionalrepresentaba unha parálise, unha pexa no progreso da arte e da cultura cara a esa revelación. E Dublín estaba na cerna dese movementoregresivo. Por iso hai nestes contos un intento de representar o pasodo tempo, da infancia á vellez, como un proceso de iniciación eiluminación que conclúe na historia final, ? Os mortos?. Para poderlevar a cabo ese proceso, o autor do Ulises remataría por exiliarse.